De comezos e impresións

Barcelona semella cansa. Nos buratos do metro entran multitudes como formigas en masa. Sento ao lado dun home que adormece contra a ventá, mentres os movementos bruscos do metro lle golpean a cabeza contra o cristal. Entre as pernas leva unha bolsa azul. Imaxino que volverá do traballo, é un inmigrante, e creo que na bolsa ten os restos da merenda que levou para o descanso.

Cheguei á gran cidade hai moi pouco tempo, pero xa aborrezo a soidade de quenes, coma min, viven o profundo desarraigo de estar lonxe. As luces artificiais e o barullo do metro converten á cidade nun aparello horrible, onde o traxín duns e máis dos outros acentúa a angustia. Á voz da locutora que indica as paradas é o único amable, a certeza de que aínda somos humanos.

Topei con algún veciño do noroeste por estas terras, case todos espantados. Sumidos no autoodio veñen conquistar o país das marabillas, onde os soños se fan realidade. Falan con desdén da nosa terra porque cren que lles negou oportunidades. A min, ensinoume a ser así. Non veño facer as Américas, hei volver o antes que poida para quitar complexos.

Un blog pode ser un comezo para construirmos estón un país máis decente, e máis se o seu título se inspira en Castelao. Eu prometo non seguir exemplos máis alá do noso, sen ver espexismos en ningún outro lugar que non sexa Galicia. Sen guiarme polo discurso dos que usan a arrogancia, pero sen deixarme levar tampouco pola indiferencia.

3 Comentarios

Arquivado en Barcelona

3 respostas a “De comezos e impresións

  1. Hi, this is a comment.
    To delete a comment, just log in, and view the posts’ comments, there you will have the option to edit or delete them.

  2. pois deséxoche unha boa andadura, que o blog sexa unha experiencia enriquecedora tamén.

    [pero non seguir exemplos máis alá do noso igual é algo empobrecedor, non si?]

  3. Aínda acabo de descubrir o teu blog, Sara! pero non dubides que a partir de agora estarei ben atenta! 🙂

Deixar un comentario